lunes, 13 de abril de 2020

Comunicado CONFAPA - ANPAS GALEGAS



Á   CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL:

Os abaixo asinantes, na nosa calidade de representantes dos distintos sectores da comunidade educativa, solicitamos desta Consellería sexa tomado en consideración o noso posicionamento sobre a actual situación derivada da pandemia do COVID-19 que estamos a padecer, que pasan a expor, co unánime pedimento de que a decisión da administración educativa de cara ao desenvolvemento e finalización do presente curso escolar sexa tomada desde estes plantexamentos consensuados por todos nós, docentes e familias, nun exercicio de responsabilidade democrática inexcusable.


Consideramos:

1.    O curso escolar non tivo de feito nin pode ter continuidade real desde o día

13 de marzo, en que rematou a impartición presencial do mesmo:

a.    non hai unha capacidade real de impartición telemática de contidos, tanto por falla real de acceso á rede como por carencia nas familias de medios tecnolóxicos.

b.    alumnos , familias e docentes carecen de directrices, de apoio e ainda de previa formación nin práctica para o traballo en liña.

c.    non hai posibilidades reais de seguemento polos docentes do traballo efectivamente realizado nas casas.

d.    a educación presencial non pode ser suplida pola impartición de contidos telemáticos, malia a voluntariedade e esforzo do profesorado, coa conseguinte merma da calidade educativa.

e.    o estado físico e sicolóxico das familias, as do alumnado e as dos propios docentes, afonda ainda mais na inviabilidade do sistema.

f.     existe un abandono xeneralizado de practicamente todo o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, pola imposibilidade de se achegar a el nestas condicións, e pola dificultade intrínseca da convertir para ese alumnado a relación presencial en relación a distancia. Non asumir como imprescindíbel a participación dese colectivo significaría un enorme retroceso na atención á diversidade.

2.    A avaliación xeral do curso ten que partir da situación de excepcionalidade que estamos a vivir e vir acompañada de cantos medios eviten o desfavorecemento das posibilidades de promoción do alumnado.

3.    Cómpre unha reformulación xeral dos distintos currículos para o vindeiro curso, que cubra a fenda educativa xerada por esta situación excepcional, unida ao establecemento de ferramentas educativas que posibliten a todo o alumnado o desenvolvemento en condicións de igualdade dese novo curso.

Por canto queda exposto,

SOLICITAMOS​:

DAR POR FINALIZADO ACADÉMICAMENTE O CURSO ESCOLAR 2019-2020 CON DATA 13 DE MARZO.

ESTABLECEMENTO DE CRITERIOS DE AVALIACIÓN EXCEPCIONAIS QUE POSIBILITEN A PROMOCIÓN DO ALUMNADO.

REORGANIZAR OS CURRÍCULOS DE CARA AO VINDEIRO CURSO.

TRABALLAR CONXUNTA E CONSENSUADAMENTE NA PROCURA DE MECANISMOS COMPENSATORIOS QUE EVITEN NO CURSO 2020-2021 UN ESFORZO INASUMIBLE PARA UNHA PARTE DO ALUMNADO.

PARTICIPAR DE TODOS OS PROCESOS DE TOMA DE DECISIÓNS NOS ÓRGANOS CORRESPONDENTES E QUE AS MESMAS CONTEN CO APOIO E APROBACIÓN DAS NOSAS ORGANIZACIÓNS.





         
Rogelio Carballo                              Fernando Lacaci                            
Presidente de CONFAPA Galicia         Presidente de ANPAS Galegas                             


Comunicado 13/04/2020 da Conselleria de ducación


Comunicado do 13/04/2020  da Consellería de educación dirixido 
ás  direccións  dos centros educativos de ensino non universitario
sobre as medidas a adoptar en relación co inicio do terceiro trimestre

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30809