miércoles, 12 de junio de 2019


FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
 Presentación da solicitude: do 21 de maio ata o 21 de xuño.
 Publicación das listaxes provisionais: o 11 de xullo de 2019.
 Reclamacións: do 11 ao 17 de xullo de 2019.
 Para publicar as listaxes definitivas: o 13 de setembro de 2019.
 DEBERÁN PRESENTAR A SOLICITUDE TODOS/AS OS ALUMNOS/AS QUE QUEIRAN SOLICITAR AS AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR OU QUE SE LLES ENTREGUEN LIBROS DO FONDO SOLIDARIO O PRÓXIMO CURSO. PRAZO FINAL PARA PRESENTAR A SOLICITUDE: 
21 DE XUÑO. NON SE ADMITIRÁN SOLICITUDES PRESENTADAS MÁIS TARDE DO 21 DE XUÑO
 Poderán participar nesta convocatoria aquelas unidades familiares que con data 31 de decembro de 2017 cumpran os seguintes requisitos:
• Para participar no fondo solidario: renta per cápita familiar igual ou inferior a 9.000€
 • Para solicitar axuda para adquirir material escolar: renta per cápita igual ou inferior a 5.400€ Do fondo solidario o alumnado recibirá:
 • alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros: seis (6) libros de texto.
 • alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros: catro (4) libros de texto.
• Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: seis (6) libros con independencia da renda. Documentación necesaria para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto ou as axudas á adquisición de libros de texto e/ou material escolar: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
 • Solicitude: Anexo I. Si hai varios membros da unidade familiar matriculados no mesmo centro entregarase UNHA SOA SOLICITUDE
 • Membros computables da unidade familiar. Copia do libro de familia ou: o 1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. o 2º. Certificado ou volante de convivencia. o 3º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia. o 4º. Certificado de defunción.
• Poderá autorizar a consulta telemática dos datos, si non é así deberá presentar a documentación xustificativa corrrespondente FUNCIONAMENTO DO FONDO SOLIDARIO Lembramos que para poder participar no FONDO SOLIDARIO é imprescindible DEVOLVER os libros que se recibiron do FONDO SOLIDARIO (3º - 4º de ESO). Prazo máximo para devolvelos: 21 de xuño. Os que teñan que examinarse en setembro levarán os libros que precisen e deberán devolvelos antes do 7 de setembro

Examenes Extraordinarios 2º bachillerato