viernes, 10 de mayo de 2019

modelo de xustificante da ausencia do alumnado para ás familias que decidan non enviar aos seus fillos a someterse as devanditas probas.


XUSTIFICACIÓN DE AUSENCIA DE ALUMNADO AO CENTRO EDUCATIVO


D./Dña. _______________________________________________________
pai/nai/titor do alumno/a_______________________________________do
grupo _____, comunico mediante o presente escrito que a ausencia do meu
fillo-a/tutelado-a de/os pasado/os día/s _________de ____________________
______, foi motivada por causas alleas á súa vontade, baseadas nunha
decisión familiar que pertence ao ámbito privado e que, si fose necesario, será
explicada ante as instancias oportunas que teñan capacidade e dereito a
coñecer a mesma.

Asinado en __________________ a ____ de _____________ de ________

O/a pai/nai/titor-a



Asdo.: _________________
DNI: _________________

Á atención do Director/Directora do Centro Educativo_____________________          
____________________________________________

Avalación de 3º de Primaria









COMUNICADO DA FEDERACIÓN PROVINCIAL DE ANPAS DE CENTROS PÚBLICOS DA CORUÑA.

A Federación Provincial da Coruña e CONFAPA GALICIA teñen rexeitado desde a súa publicación o Decreto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que ditou as instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de 3º curso de Educación Primaria que terán lugar os días 28 e 29 de maio. A nosa organización manifesta a súa oposición á devandita proba, entendendo que:

1.- A proba de avaliación é prácticamente a mesma co ano pasado, na que xa manifestamos a nosa oposición. As razóns que nos levaron a rexeitar a proba seguen a ser completamente válidas.

2.- Mentres as restantes probas pasaron a ser de carácter estatístico, por mostraxe, a de 3º de primaria ten carácter censual, é decir, avalía á totalidade do alumnado.

3.- Esta avaliación pódese ter en conta para repetir curso. Así o establece a LOMCE no seu articulado, lei que segue en vigor.

4.- Avalía únicamente as competencias de lingua e matemáticas.

5.- Clasifica ao alumnado desde idades temperás.

6.- Non se adapta ao alumnado con necesidades educativas especiais ou con altas capacidades.

7.- Fomenta a competencia entre os centros e a súa estigmatización sen tomar en conta circunstancias locais compensatorias da avaliación.

8.- Desautoriza ao profesorado e ao sistema de avaliación contínua.

9.- A proba xa amosou o seu nulo valor nestes anos que leva en vigor.

Sendo CONFAPA-GALICIA unha organización implantada no conxunto da Comunidade Autonómica, non coñecemos ningún caso de medidas adoptadas nun Centro de Ensino como consecuencia da proba de avaliación.
O valor neto da proba para os pais e nais do alumnado é simplemente insignificante; hai casos nos que as familias non chegaron a recibir o resultado das probas ata o seguinte curso.

Nun contexto político e social no que a LOMCE está nunha situación de
provisionalidade e incertidume mentres non se acade un pacto educativo para


establecer as bases dun sistema educativo compartido e defendido polo conxunto da sociedade, continuar desenvolvendo os aspectos máis daniños da LOMCE é unha declaración de intencións clara, que dende as familias que compoñemos a Comunidade Educativa dos Colexios Públicos de Galicia rexeitamos frontalmente.

Polo tanto, esiximos da Administración educativa a paralización e a retirada da devandita proba e invita a toda a Comunidade Educativa a opoñerse activamente ao seu desenvolvemento.

Xunta Directiva
CONFAPA GALICIA
Maio de 2019.