A
Federación Provincial da Coruña e CONFAPA GALICIA teñen
rexeitado desde a súa publicación o Decreto da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria que ditou as instrucións para o
desenvolvemento da avaliación individualizada de 3º curso de Educación Primaria
que terán lugar os días 28 e 29 de maio. A nosa organización manifesta a súa
oposición á devandita proba, entendendo que:
1.-
A proba de avaliación é prácticamente a mesma co ano pasado, na que xa manifestamos
a nosa oposición. As razóns que nos levaron a rexeitar a proba seguen a ser
completamente válidas.
2.-
Mentres as restantes probas pasaron a ser de carácter estatístico, por mostraxe,
a de 3º de primaria ten carácter censual, é decir, avalía á totalidade do
alumnado.
3.-
Esta avaliación pódese ter en conta para repetir curso. Así o establece a LOMCE
no seu articulado, lei que segue en vigor.
4.-
Avalía únicamente as competencias de lingua e matemáticas.
5.-
Clasifica ao alumnado desde idades temperás.
6.-
Non se adapta ao alumnado con necesidades educativas especiais ou con altas
capacidades.
7.-
Fomenta a competencia entre os centros e a súa estigmatización sen tomar en
conta circunstancias locais compensatorias da avaliación.
8.-
Desautoriza ao profesorado e ao sistema de avaliación contínua.
9.-
A proba xa amosou o seu nulo valor nestes anos que leva en vigor.
Sendo
CONFAPA-GALICIA unha organización implantada no conxunto da Comunidade
Autonómica, non coñecemos ningún caso de medidas adoptadas nun Centro de Ensino
como consecuencia da proba de avaliación.
O
valor neto da proba para os pais e nais do alumnado é simplemente insignificante;
hai casos nos que as familias non chegaron a recibir o resultado das probas ata
o seguinte curso.
Nun
contexto político e social no que a LOMCE está nunha situación de
provisionalidade
e incertidume mentres non se acade un pacto educativo para
establecer
as bases dun sistema educativo compartido e defendido polo conxunto da
sociedade, continuar desenvolvendo os aspectos máis daniños da LOMCE é unha
declaración de intencións clara, que dende as familias que compoñemos a
Comunidade Educativa dos Colexios Públicos de Galicia rexeitamos frontalmente.
Polo
tanto, esiximos da Administración educativa a paralización e a retirada da
devandita proba e invita a toda a Comunidade Educativa a opoñerse activamente
ao seu desenvolvemento.
Xunta Directiva
CONFAPA GALICIA
Maio de 2019.