FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS PARA MATERIAL
ESCOLAR
Presentación da
solicitude: do 21 de maio ata o 21 de xuño.
Publicación das
listaxes provisionais: o 11 de xullo de 2019.
Reclamacións: do
11 ao 17 de xullo de 2019.
Para publicar as
listaxes definitivas: o 13 de setembro de 2019.
DEBERÁN PRESENTAR A
SOLICITUDE TODOS/AS OS ALUMNOS/AS QUE QUEIRAN SOLICITAR AS AXUDAS PARA MATERIAL
ESCOLAR OU QUE SE LLES ENTREGUEN LIBROS DO FONDO SOLIDARIO O PRÓXIMO CURSO.
PRAZO FINAL PARA PRESENTAR A SOLICITUDE:
21 DE XUÑO. NON SE ADMITIRÁN
SOLICITUDES PRESENTADAS MÁIS TARDE DO 21 DE XUÑO
Poderán participar
nesta convocatoria aquelas unidades familiares que con data 31 de decembro de
2017 cumpran os seguintes requisitos:
• Para participar no fondo solidario: renta per cápita
familiar igual ou inferior a 9.000€
• Para solicitar
axuda para adquirir material escolar: renta per cápita igual ou inferior a
5.400€ Do fondo solidario o alumnado recibirá:
• alumnado con
renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros: seis (6) libros de
texto.
• alumnado con
renda per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000
euros: catro (4) libros de texto.
• Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de
Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: seis (6) libros con
independencia da renda. Documentación necesaria para solicitar a participación
no fondo solidario de libros de texto ou as axudas á adquisición de libros de
texto e/ou material escolar: As solicitudes presentaranse preferiblemente por
vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación
informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da
sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal Opcionalmente,
poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en
calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do
procedemento administrativo común.
• Solicitude:
Anexo I. Si hai varios membros da unidade familiar matriculados no mesmo centro
entregarase UNHA SOA SOLICITUDE
• Membros
computables da unidade familiar. Copia do libro de familia ou: o 1º. Sentenza
xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde
conste a atribución da custodia do/da menor. o 2º. Certificado ou volante de
convivencia. o 3º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do
concello onde resida a familia. o 4º. Certificado de defunción.
• Poderá autorizar a consulta telemática dos datos, si
non é así deberá presentar a documentación xustificativa corrrespondente
FUNCIONAMENTO DO FONDO SOLIDARIO Lembramos que para poder participar no FONDO
SOLIDARIO é imprescindible DEVOLVER os libros que se recibiron do FONDO
SOLIDARIO (3º - 4º de ESO). Prazo máximo para devolvelos: 21 de xuño. Os que
teñan que examinarse en setembro levarán os libros que precisen e deberán
devolvelos antes do 7 de setembro