Á CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN,
UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL:
Os abaixo asinantes, na
nosa calidade de representantes dos distintos sectores da comunidade educativa,
solicitamos desta Consellería sexa tomado en consideración o noso
posicionamento sobre a actual situación derivada da pandemia do COVID-19 que
estamos a padecer, que pasan a expor, co unánime pedimento de que a decisión da
administración educativa de cara ao desenvolvemento e finalización do presente
curso escolar sexa tomada desde estes plantexamentos consensuados por todos
nós, docentes e familias, nun exercicio de responsabilidade democrática
inexcusable.
Consideramos:
1. O curso escolar non tivo de feito nin pode ter
continuidade real desde o día
13 de marzo, en que rematou a impartición
presencial do mesmo:
a. non hai unha capacidade
real de impartición telemática de contidos, tanto por falla real de acceso á
rede como por carencia nas familias de medios tecnolóxicos.
b. alumnos , familias e
docentes carecen de directrices, de apoio e ainda de previa formación nin
práctica para o traballo en liña.
c. non hai posibilidades reais
de seguemento polos docentes do traballo efectivamente realizado nas casas.
d. a educación presencial non
pode ser suplida pola impartición de contidos telemáticos, malia a
voluntariedade e esforzo do profesorado, coa conseguinte merma da calidade
educativa.
e. o estado físico e
sicolóxico das familias, as do alumnado e as dos propios docentes, afonda ainda
mais na inviabilidade do sistema.
f. existe un abandono
xeneralizado de practicamente todo o alumnado con necesidades específicas de
apoio educativo, pola imposibilidade de se achegar a el nestas condicións, e
pola dificultade intrínseca da convertir para ese alumnado a relación
presencial en relación a distancia. Non asumir como imprescindíbel a
participación dese colectivo significaría un enorme retroceso na atención á
diversidade.
2. A avaliación xeral do curso
ten que partir da situación de excepcionalidade que estamos a vivir e vir
acompañada de cantos medios eviten o desfavorecemento das posibilidades de
promoción do alumnado.
3. Cómpre unha reformulación
xeral dos distintos currículos para o vindeiro curso, que cubra a fenda
educativa xerada por esta situación excepcional, unida ao establecemento de
ferramentas educativas que posibliten a todo o alumnado o desenvolvemento en
condicións de igualdade dese novo curso.
SOLICITAMOS:
DAR POR
FINALIZADO ACADÉMICAMENTE O CURSO ESCOLAR 2019-2020 CON DATA 13 DE MARZO.
ESTABLECEMENTO
DE CRITERIOS DE AVALIACIÓN EXCEPCIONAIS QUE POSIBILITEN A PROMOCIÓN DO
ALUMNADO.
REORGANIZAR OS CURRÍCULOS DE CARA AO VINDEIRO CURSO.
TRABALLAR
CONXUNTA E CONSENSUADAMENTE NA PROCURA DE MECANISMOS COMPENSATORIOS QUE EVITEN
NO CURSO 2020-2021 UN ESFORZO INASUMIBLE PARA UNHA PARTE DO ALUMNADO.
PARTICIPAR DE TODOS OS
PROCESOS DE TOMA DE DECISIÓNS NOS ÓRGANOS CORRESPONDENTES E QUE AS MESMAS
CONTEN CO APOIO E APROBACIÓN DAS NOSAS ORGANIZACIÓNS.
Rogelio Carballo Fernando
Lacaci
Presidente de
CONFAPA Galicia Presidente de ANPAS Galegas